A libraría

NUMAX é unha libraría de Literatura, Arte e Pensamento nun espazo físico de 40 m2 e cun fondo inicial de 3.150 libros.

Contará cunha selección das novidades máis destacadas do panorama editorial, combinadas cun fondo que permita a convivencia entre os distintos títulos do catálogo, de maneira que se creen entre eles diálogos e relacións novas.

En colaboración co cinema NUMAX, creará percorridos bibliográficos que acompañen os filmes programados. Está pensada como unha libraría internacional, na que o fondo galego e castelán conviva cunha selección de libros noutras linguas.

  • Modernización. O noso modelo contempla a posta en marcha dunha libraría virtual que axiliza e amplía o noso catálogo físico.
  • Produto diferenciado e de calidade, a través dun traballo propio de escolma de títulos nacionais e internacionais, incluíndo aqueles de distribución máis restrinxida.



  • Mediación cultural. Unha libraría atenta ao que pasa na cidade, con capacidade de dialogar e abrir novos focos de interese.
  • Equipo humano con formación profesional específica e experiencia previa en toda a cadea de valor do libro.
  • Servizos. Ofreceremos tamén todo tipo de servizos en función das necesidades de empresas, bibliotecas, centros educativos e institucións.