Quen somos

  • Irma Amado (Socia traballadora) Licenciada en Filoloxía Hispánica, DEA pola USC e posgrao da Escola de Llibreria da UB. Estudou tamén Xornalismo na UAB e o Máster de Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento na UPF. Traballou no departamento de xestión cultural do Consello da Cultura Galega e como libreira en La Central (Barcelona). Colabora como lectora para RBA Libros.
  • Ramiro Ledo (Socio traballador) Licenciado en Xornalismo pola USC e estadía na Université Paris VIII. Posgrao da Escola de Llibreria da UB, Máster en Documental de Creación da UAB e en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneos na UPF. Fundador e co-director do Cineclube de Compostela (2001-2007) e da revista de cinema Ariel. Catalogador do arquivo audiovisual de TVE-G e colaborador sobre cinema para distintos medios. É realizador e montador freelance. Os seus filmes víronse en museos, mostras e festivais de todo o mundo, entre eles BAFICI (Buenos Aires), FID Marseille, Courtisane (Gante), Márgenes, S8, Cineuropa, Xcéntric (Barcelona), Las Palmas, IBAFF (Murcia), Antofadocs (Antofagasta), MARCO (Vigo), CCCB (Barcelona) ou Museo Reina Sofía (Madrid).
  • Pablo Cayuela (Socio traballador) Diplomado en Dirección de Fotografía polo CECC (Barcelona) e certificado Apple en edición e posprodución de vídeo. Estuda Antropoloxía Social e Cultural pola UNED. Traballa como eléctrico e operador de cámara en cinema e televisión, como realizador e montador freelance e como director de fotografía e etalonador. Escribe sobre cinema para distintos medios e traballou no Cineclube de Compostela (2009-2014). En 2012 estreou, xunta Xan Gómez Viñas a súa primeira longametraxe, Fóra, que se puido ver en museos, mostras e festivais de todo o mundo, entre eles CPH:DOX (Copenhague), Museo Reina Sofía (Madrid), Alcances (Cádiz), Documenta (Madrid), Kinomuzeum (Varsovia) ou L’Alternativa (Barcelona).
  • Antonio Doñate (Socio traballador) Licenciado en Belas Artes pola UPV (Valencia). Deseñador gráfico, especializado desde 2000 en deseño cultural desde o seu estudio Don gráfica. Responsábel gráfico do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), Festival Sinsal, Imaxinasons. Festival de Jazz de Vigo, Culturgal. Traballa para a Cidade da Cultura de Galicia, CGAC, Museo do Mar de Galicia, Fundación Luís Seoane e as empresas Van Divulgación Cultural e PXC. Deseñador gráfico da Bienal de Arte de Pontevedra (2004-2008), Centro de Artesanía Tradicional de Vigo (2002-2010), Realidade. Ciclo de cine ao aire libre do Concello de Vigo (2003-2009). Desde 2013 ocúpase canda Xosé Carlos Hidalgo do deseño, maquetación e edición gráfica da revista Luzes. É ademáis autor de dúas novelas: La paz social e Acceso al comportamiento, ambas publicadas na editorial Caballo de Troya.
  • X. Carlos Hidalgo (Socio traballador) Licenciado en Xornalismo pola USC. Cursou o módulo de Composición de Páxina do Posgrao en Tipografía da UAB – Escola Eina (Barcelona). Traballou no estudio de Uqui Permui (2006-2012) e é deseñador gráfico freelance. Publicou crítica literaria e ilustracións para distintos medios e foi membro fundador de Estaleiro Editora. Responsábel da imaxe gráfica de varios filmes, do Cineclube de Compostela desde 2002 e da revista Ariel. Colabora co selo musical Discos da Máquina no deseño de portadas e cartelaría. Desde 2013 ocúpase canda Antonio Doñate do deseño, maquetación e edición gráfica da revista Luzes.
  • Margarita Ledo (Socia colaboradora) Catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, escritora, cineasta e membro da Real Academia Galega. Foi Premio Nacional da Cultura Galega na modalidade de cinema e audiovisual en 2008.
  •