traballo

O proxecto baséase na redistribución e compensación do traballo dos socios entre as súas áreas de actividade. Isto permitirá a viabilidade da única sala de cinema independente en versión orixinal de Galicia, con programación diaria, nun momento no que desapareceron todos os espazos de exhibición cinematográfica do centro da cidade.

NUMAX é unha cooperativa sen ánimo de lucro. Isto significa que se estabelece un tope salarial dun 50% sobre convenio, os cargos directivos non son remunerados e non existe o reparto de beneficios entre os socios (no caso de habelos reinvístense integramente na propia cooperativa)